
Comezos
A historia comezou en 1965 cos fundadores Lilia e Xosé. Naquel ano inaugurouse a Rúa Pintor Laxeiro e, coa apertura desta, a parella aproveitou para ampliar a súa casa, creando a primeira casa da rúa e asentando as bases sobre as que se erguería o bar.
Ese mesmo ano, por motivos persoais, a parella viaxaría a Madrid, onde permaneceron durante unha temporada.